Persoas como ti contáronnos a súa experiencia de formar parte da entidade.
A continuación encontrarás os 5 testemuños máis recentes.
Utiliza o pasapáxinas para acceder ao repositorio completo ou o buscador se o que queres é localizar testemuños que cumpran uns criterios específicos.
Séellos é un blog creado por persoas con Diversidade Funcional, en concreto Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual que se propuxeron contarnos en primeira persoa as súas experiencias vitais. O motivo é sinxelo. Que tomemos conciencia sobre os camiños paralelos en moitos casos simultáneos que percorremos. Soños, esperanzas, temores e dificultades que nos unen e que transcenden as barreiras da Discapacidade. Unha xanela ao seu mundo que é o noso. Séellos pretende que che unas a eles nesta experiencia.
Séellos leva dende o mes de Novembro de 2015 en marcha con diversas accións formativas encamiñadas a que os seus responsables, persoas con Diversidade Funcional, aprendan a manexar o blog.