O Programa ALIDA é unha acción formativa na rama administrativa que pretende mellorar a inserción laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. No ano lectivo 2021-2022, esta formación é realizada en estreita colaboración coa Universidade de Vigo grazas á quinta convocatoria do Programa UniDiversidad de Fundación ONCE, baixo o nome "Programa Universitario para o emprego e a vida autónoma -Atención á diversidade".
O plan de estudos está estruturado en dous cursos académicos (80 créditos ECTS) e leva a cabo nas instalacións da Universidade de Vigo.
As materias son impartidas por profesionales do ámbito da diversidade intelectual de DOWN Vigo, contando para iso coa colaboración docente por parte da Universidade de Vigo.
Un curso formativo de ALIDA defínese no período setembro – xuño, ambos os meses incluídos. O curso desenvólvese durante dous anos académicos.
O primeiro curso ten un carácter xeral, introducindo competencias necesarias para desenvolverse na vida diaria.
No segundo curso, o alumnado recibe unha formación máis específica para o traballo. Por iso realizan o seu Practicum en diferentes empresas do tecido productivo da cidade.
Os obxectivos xerais do Programa ALIDA son:
Poñendo de relevo a importancia do clima na aula e os agrupamentos meditados cara a unha aprendizaxe cooperativa
Traballando a resolución de conflitos, fomentando a creatividade, a actividade física e mental e o uso de novas tecnoloxías
Descubrindo con grupos de traballo, centrándonos en temas de interese e aplicando o aprendido á vida cotiá.