Consiste en ofrecer todos os recursos formativos e humanos necesarios para que as persoas con discapacidade poidan adquirir, manter e mellorar as súas habilidades sociolaborais que lles permitan acceder ao mercado de traballo ordinario. Forman parte deste servizo rapaces/as a partir de 16 anos que finalizasen a escolarización obrigatoria e que queiran ampliar a súa formación a nivel persoal e laboral para conseguir a súa inclusión na sociedade. Toda esta aprendizaxe permite aprender unha serie de destrezas necesarias para levar unha Vida Autónoma.