Que facemos >  

Deseño de Estratexias Psicoeducativas

  • É un deseño de habilidades sociais e educativas para abordar problemáticas específicas das persoas dependentes en idade escolar e as súas familias.

As estratexias psicoeducativas consisten en que o profesor/a, xunto cos alumnos/as e as familias, tentan conseguir os obxectivos a nivel social e escolar previstos, adaptándose ás necesidades que os alumnos/as teñen. As estratexias que se poden utilizar para conseguir o anterior baséanse, por exemplo, en material impreso, novas tecnoloxías, en establecer diálogos cos alumnos/as, etc. tentando ver cales son as canles de aprendizaxe que ten o alumno/a, xa que cada persoa posúe unha experiencia distinta ante a vida e isto inflúe no feito de aprender, e así ser capaces de abordar de forma máis eficiente as problemáticas específicas a mellorar.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1

banner