Quen somos > Socios

Socios

Poden ser socios/as da Entidade os pais/nais ou titores/as de persoas con Síndrome de Down, así como calquera outra persoa física con plena capacidade de obrar ou xurídica tralo acordo do seu órgano competente que así o desexen e sexan admitidos pola Xunta Directiva.

Establécense cinco clases de socios:

Socios Numerarios: O pai, a nai e na súa ausencia o titor/a ou representante legal das persoas con Síndrome de Down, adquiren esta condición polo feito de ter un fillo/a con Síndrome de Down e ingresar nesta asociación; e todo iso sen prexuízo do disposto no artigo seguinte.

Socios Adheridos: O pai, a nai e na súa ausencia o titor/a ou representante legal das persoas con outra discapacidad, adquiren esta condición polo feito de ter un fillo con discapacidad e ingresar nesta Asociación.

Socios Colaboradores: Todas aquelas persoas físicas que estean interesadas na problemática da Síndrome de Down e ingresen nesta Asociación, e colaboren económicamente á súa sostenimiento e á súa difusión social.

Socios Protectores: Aquelas entidades ou persoas xurídicas que colaboren no sostenimiento económico da Asociación e, ou ben soliciten a súa incorporación, ou ben acepten a súa designación como tales por parte da Asociación.

Socios de Honor: Cando a Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva admita como socio de Honor a calquera persoa que se distinguise notablemente pola promoción e/ou realización de actividades que contribúan a mellóraa da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e a promoción social das mesmas, a condición de que a persoa distinguida así o acepte.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir

banner