Que facemos >  

Formación Prelaboral

  • Queremos que as persoas adquiran as habilidades básicas, sociais e prelaborais que lle permitan a súa integración plena a nivel sociolaboral.

Consiste en ofrecer todos os recursos formativos e humanos necesarios para que as persoas con discapacidade poidan adquirir, manter e mellorar as súas habilidades sociolaborais que lles permitan acceder ao mercado de traballo ordinario. Forman parte deste servizo rapaces/as a partir de 16 anos que finalizasen a escolarización obrigatoria e que queiran ampliar a súa formación a nivel persoal e laboral para conseguir a súa inclusión na sociedade. Toda esta aprendizaxe permite aprender unha serie de destrezas necesarias para levar unha Vida Autónoma.

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 3

banner