Colabora > Faite socio/a

Faite socio/a

QUE SIGNIFICA FACERSE DOADOR/A COLABORADOR/A DE DOWN VIGO

Ser doador/a colaborador/a de Down Vigo é unha aposta pola sociedade inclusiva, na que a discapacidade sexa unha característica máis da persoa e poida estudar, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións.
Somos unha entidade sen ánimo de lucro que traballa nun modelo de intervención baseado na prestación de apoios totalmente individualizados e personalizados a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual ao longo de todas as etapas da súa vida.

DESTINO DA TÚA APORTACIÓN

Traballamos en atención temperá, logopedia, apoio escolar, asesoramento a centros educativos, formación e busca activa de emprego, inserción laboral e apoio en postos de traballo na empresa ordinaria, programas de vida independente e emancipación, ocio e actividades complementarias.

DESGRAVACIÓN FISCAL

Down Vigo está declarada de Utilidade Pública e acollida á Lei de Mecenado. Polo tanto, podes desgravar as túas achegas e doazóns na declaración da renda ou no imposto de sociedades, solicitando o teu certificado de doazón.

CADRO RESUMO NOVOS INCENTIVOS FISCAIS PARA DOAZÓNS DENDE 2015

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir

banner